

A malcasada
Cóntasme que Xoan non te comprende,
que só matina no nacionalismo
e nin caso che fai xa polas noites.
Disme que os teus fillos non te escoitan,
que te comen os nervios, que tanto lles dá
todo e que estás farta de aturalos.
Contas que os teus pais van indo vellos,
que se volveron cutres e egoístas
e xa non es o centro das súas vidas.
Dis que xa fixeches os corenta
e non é doado comezar de cero,
que os únicos homes cos que falas
son camaradas de Xoan no BNG
e non gostas dos militantes.
E eu, como entro eu en todo isto?
Que queres? Que poña unha bomba?
Que promulgue a independencia do teu corpo?
Ameite coma un tolo. Non cho nego.
Pero iso foi hai moito, cando a vida
era unha alborada escintilante
que non quixeches almorzar comigo.
A nostalxia é un pretexto tan absurdo.
Volve ser quen fuches. Vai a clases
de pilates ou tai-chi, alisa esas enrugas
e pon roupa máis sexi, non sexas parva,
que ao mellor Xoan ao fin volve mimarte,
e os teus fillos marchan de colonias,
e os teus pais van morrendo.
A merenda
Gústasme cando pensas en voz alta,
cando relatas o día coma unha aventura,
cando deixas a roupa polo chan
e no baño tropezo coas túas bragas.
Gústasme máis cando fago anos
e cóbresme de apertas e agasallos,
ou cando falas e falas sen parar
porque estás moi contenta e se che nota,
ou cando es ben certeira cunha frase
tan brillante e tan sabia, se sorrís
(o teu sorriso é un refresco nos infernos),
ou se quedas durmida á miña beira.
Pero gústasme aínda máis, tanto que case
non podo soportar o que me gustas,
cando chegas da comida de traballo
e o primeiro que fas é espetarme:
“Non me chegou a nada o xantar de hoxe.
Vou solucionar contigo unha merenda”.
No McDonalds
Calquera lugar é bo para a carraxe,
ata as cadeas de comida rápida. “Quen, a parte de ti,
pediría peixe nun McDonalds? Faste a sueca
ou qué: cres que estou cego e que non vexo
o xeito en que te miran os rapaces?
Abúrrome. Non te aturo. Non esquezas
coller algún sobriño extra de ketchup.
E non me traias máis a estes tugurios.
Aprende a cociñar como a miña nai.”
“Cando ti aprendas a me comer a cona”.
(Santiago de Compostela, 1977). Licenciada en Filología Hispánica, ha realizado también estudios audiovisuales. Premio Espiral Maior y Premio Nacional de la Crítica, además de poeta es conferenciante, así como articulista semanal fija en varios periódicos y revistas gallegas. Activa dinamizadora literaria, fue Secretaria General de la Asociación de Escritores en Lingua Galega y formó parte de su directiva durante varios años. Dirigió, presentó y elaboró los guiones de su propio programa de TV dedicado a las vanguardias artísticas gallegas: “MERCURIA”, por el que fue galardonada como “Mejor Comunicador/a de TV 2005”. Además de muchas otras colaboraciones en el medio audiovisual, actualmente es co-presentadora de un concurso diario de contenido cultural en la Televisión de Galicia. Ha publicado Elevar as pálpebras (Espiral Maior, 1995, Premio Fermín Bouza Brey), Delicia (Espiral Maior, 1998, 2ª ed. en el 2006), Vivimos no ciclo das Erofanías (Espiral Maior, 1998. Premios Johán Carballeira y Nacional de la Crítica), Vivimos en el ciclo de las Erofanías (Huerga & Fierro, 2000, edición bilingüe gallego-castellano), Edénica (Espiral Maior, 2000, antología personal + CD con versiones cantadas de sus poemas), O libro da egoísta (Galaxia, 2003, 2ª edición: 2004), Libro de la egoísta (Visor, 2006, edición bilingüe), Profundidade de campo (Espiral Maior, 2007, XV Premio de Poesía Espiral Maior).